Xabier Cordal faise co Premio da Crítica á Creación Literaria

Culturgal obtivo o premio de iniciativas culturais

Premiados e membros do xurados dos XXXVI Premios da Crítica
Premiados e membros do xurados dos XXXVI Premios da Crítica
O Hotel Os Escudos de Vigo acollía o pasado sábado a xuntanza dos xurados do XXXVI Premios da Crítica de Galicia. Un total de 350 persoas de diferentes ámbitos participaron na deliberación e na entrega destes galardóns. O poemario Transmuta valeulle a Xabier Cordal o premio de Creación Literaria, no que quedaron finalistas A noite branca de Francisco Fernández Naval e Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño. No campo do ensaio foi Murguía a biografía que realizou Xosé Ramón Barreiro sobre este pai do Rexurdimento.

O traballo vangardista de Taller Atlántico Contemporáneo fíxose co galardón no campo musical, mentres a compañía Voadora obtiña o galardón de Artes Escénicas e Audiovisuais. O traballo fotográfico de Xulio Gil impúxose no apartado de Artes Plásticas e Visuais, mentres que Culturgal, a feira das industrias culturais, foi considrada a mellor Iniciativa Cultural.

A entrega dos galardóns realizouse no propio pazo no transcurso dunha gala conducida por Inma López Silva.